InicioLugo e contornaBombeiros volven protestar ante a alcaldesa de Lugo antes dun pleno para...

Bombeiros volven protestar ante a alcaldesa de Lugo antes dun pleno para pedir melloras laborais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis dunha ducia de bombeiros de Lugo volveron a protestar ante a alcaldesa, Lara Méndez, e ante o equipo de goberno socialista antes de entrar a un pleno, no interior da casa consistorial da Praza Maior.

Con pancartas demandando “solucións” ao déficit de persoal, fixeron un corredor á corporación municipal dentro do consistorio, momentos antes de que se iniciase a sesión das 10,00 horas. O representante de CC.OO. Tino Vila advertiu de que seguirán coas mobilizacións ata conseguir “un servizo de calidade e digno para a cidade de Lugo”.

NOVAS PRAZAS

Vila concretou que no parque municipal son 36 e avisou de que este fin de semana “un compañeiro fai a súa última garda e no mes de abril xubílanse dous máis”. “Xa se xubilaron dous este ano e outro en setembro, co cal xa son cinco menos”, relatou. Con todo recoñeceu que se convocaron novas prazas. “Agora si que é certo que están cunha oposición de 12 prazas, que non son 12 reais. Meteríanse seis persoas e cando termine a oposición hai case outro seis xubilados. Entón seguimos coa mesma problemática”, finalizou.

Lembrou que reclaman, “pola seguridade cidadá e a seguridade dos bombeiros”, que “se cubra o persoal e que haxa unha organización como Deus manda“. “Porque neste momento temos as prazas de cabo que as están dando a dedo literalmente”, engadiu.

“Desde o ano 2012 que se empezaron a xubilar os cabos están cubertas por compañeiros que foron nomeados por decreto, privando aos compañeiros da carreira profesional”, denunciou.

QUE HAXA SARXENTOS, CABOS E SUBOFICIAIS

Neste sentido, apuntou que “outra cousa” que demandan é “que haxa unha organigrama do servizo de bombeiros como noutras cidades, que haxa sarxentos por quenda, cabos por quendas, un suboficial que sexa o xefe de servizo porque aquí non existe esta figura”.

Vila concretou que no parque municipal son 36 e avisou de que este fin de semana “un compañeiro fai a súa última garda e no mes de abril xubílanse dous máis”. “Xa se xubilaron dous este ano e outro en setembro, co cal xa son cinco menos”, relatou. Con todo recoñeceu que se sacaron novas prazas. “Agora si que é certo que están cunha oposición de 12 prazas, que non son 12 reais. Meteríanse seis persoas e cando termine a oposición hai case outro seis xubilados. Entón seguimos coa mesma problemática”, finalizou.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...