InicioLugo e contornaLugoBarreiro comeza a precampaña acusando a Sánchez de "venderse aos independentistas"

Barreiro comeza a precampaña acusando a Sánchez de “venderse aos independentistas”

Amosa a súa satisfacción e agradecemento por ser designado na lista de Lugo para o Senado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O senador do PP e número un á Cámara Alta por Lugo José Manuel Barreiro mostrou este venres o seu “agradecemento” á dirección de Pablo Casado por deixarlle repetir como candidato e formar parte dos denominados senadores “do 155”. Neste contexto, acusou a Pedro Sánchez de estar disposto a “vender España aos independentistas a calquera prezo”.

Barreiro, que vai pola quinta lexislatura consecutiva –incluída a breve de 2015 a 2016–, agradeceu ao partido “tanto a nivel provincial e á presidenta Elena Candia, a nivel rexional e a Feijóo e á dirección nacional con Pablo Casado á fronte por confiar unha vez máis nel “para asumir esta responsabilidade“. “Unha responsabilidade que me enche de orgullo e satisfacción o traballar desde unha cámara que sempre foi decisiva e neste momento moito máis”, aseverou.

Sobre o artigo 155 da Constitución e a súa aplicación en Cataluña, o que foi portavoz do PP no Senado ata o pasado xullo lamentou que “en España se está dando unha situación que é dantesca, dramática”, no sentido de que o Goberno está “presidido por un señor que está disposto a vender a España aos independentistas e esta disposto a facelo a calquera prezo”.

Nas próximas eleccións xerais está en xogo se apostar por un partido que ten acreditado o seu compromiso coa soberanía nacional, coa igualdade e a unidade de España, e ese é o Partido Popular e ese é Pablo Casado”, presumiu.

Finalmente, Barreiro alertou que “desde o punto de vista económico a situación está a complicarse cada día“. “Estamos a entrar nunha fase de recesión económica. É necesario que volva a seriedade ao Goberno de España e esa estabilidade só garántea Pablo Casado e o Partido Popular”, reivindicou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...