InicioLugo e contornaLugoQue pasa na UCI do hospital Lucus Augusti?

Que pasa na UCI do hospital Lucus Augusti?

En Marea pregunta polo cesamento dunha das supervisoras tras a realización dunha auditoría e a presentación dun recurso nos tribunais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada de En Marea Eva Solla formulou unha pregunta no Parlamento de Galicia dirixida ao goberno da Xunta interesándose polo cesamento dunha supervisora da UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

Solla lembra que “hai pouco se fixo pública unha auditoría sobre os obxectivos e o funcionamento da UCI do HULA”, na que, detallou, “presuntamente desvelaban unha serie de observacións respecto do seu funcionamento que puñan en dúbida non só a xestión da unidade se non todo o funcionamento da mesma, con acusacións gravísimas ao persoal respecto das súas tarefas”.

E é que este cesamento levou ao xulgado, que finalmente desestimou “o recurso contencioso administrativo” presentado por esta traballadora “contra a desestimación presunta por silencio administrativo do recurso de alzada interposto contra a resolución ditada polo xerente de Xestión Integrada de Lugo, Monforte e Cervo de 9 de maio que acordou o seu cesamento como supervisora”.

A desestimación chegou tras unha auditoría que puña en cuestión o funcionamento da UCI, o que levou á parlamentaria de En Marea a pedir que “se aclare a situación” e a preguntar “por que sendo dúas persoas supervisoras da unidade, soamente se realiza o cesamento dunha e non se toma ningunha medida respecto dos postos de dirección con máis responsabilidade que dita supervisora”.

“Parécenos unha situación estraña cando a xerencia emite un informe interno, unha auditoría interna cunha serie de consideracións dunha gravidade elevada e o único que se produza é o cesamento dunha persoa e non teñamos máis coñecemento de que se tome ningún outro tipo de medidas”, sinalou.

Eva Solla incidiu en que “é estraño que cando se emite un documento que di cousas como que non se fai o traballo correctamente, que non hai seguridade, que hai medicamentos caducados, cousas que non deberían ser admisibles e resulta estraño que a única actuación que se fai é cesar a unha persoa”. “Esperamos que non sexa que o obxectivo era o cesamento e en base a iso téñase xustificado como auditoría”, concluíu a parlamentaria de En Marea.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...