InicioPolíticaO PSOE acusa ao PP de darlle 100.000 euros en soldos a...

O PSOE acusa ao PP de darlle 100.000 euros en soldos a Martínez para “pagar non se sabe que favores”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A decisión do PP de apoiar ao ex líder socialista, Manuel Martínez, agora no grupo dos non adscritos, no SUPLUSA, abriu un novo enfrontamento entre populares e socialistas.

E todo, pola decisión do PP de aprobar na xunta xeral deste organismo dous salarios que suman 100.000 euros; un para o propio Martínez de 57.000 euros e outro para contratar a un asesor por 41.000. Uns salarios que irían en contra da política de austeridade que predica este partido na Xunta e que nunca existiron neste organismo.

Por iso, a Deputada de Promoción Económica e Benestar Social, Sonsoles López Izquierdo, denunciou “a puñalada que dá o PP a todos os lucenses co gasto de máis de 100.000 euros en soldos en SUPLUSA e doutros 1.300 euros por cada día de reunión”. Refírese aos 151 euros que recibirán os conselleiros por asistir a calquera reunión que decidan convocar.

“É un escándalo, o partido das puñaladas, condenado por corrupción, aproveita fondos públicos para pagar non se sabe que favores, logo de quedar demostrado que utilizou cartos en B para facer pagos agora o PP cambia os Estatutos de SUPLUSA, non quere falar desto no Pleno, con luz e taquígragos, e malgasta fondos públicos para pagar eles saberán o que”, indicou López Izquierdo.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...