InicioEconomíaAdif desmente a Xunta e afirma que si consultou coa Delegación de...

Adif desmente a Xunta e afirma que si consultou coa Delegación de Lugo sobre a Ponte da Chanca

A consulta fíxose en outubro de 2018 para saber se a ponte ten algún tipo de protección e coñecer as xestións a realizar. Adif pedirá permisos para obras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Adif replicou ao Goberno galego que realizou unha consulta en outubro de 2018 á Delegación de Territorial da Xunta en Lugo para coñecer se a Ponte da Chanca ten algún tipo de protección e coñecer as xestións a realizar para actuar nesta ponte no marco da liña Ourense-Monforte-Lugo.

Despois de que a Xunta dixera que Adif non solicitou os permisos necesarios para actuar nesta ponte protexida, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias remarca que esa consulta realizada foi un “paso previo” que servirá para elaborar o proxecto e, “loxicamente, antes da execución das obras, solicitarase formalmente permiso á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural“.

Neste sentido, Adif remarca que ese proxecto de electrificación, non vinculada á alta velocidade, inclúe a reparación de pontes como este, na que haberá que facer actuacións como tratamento superficial con selado de fisuras, así como a “colocación dunha laxa que soporte a vía”, cos postes da catenaria e paseos de servizo laterais para o persoal.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...