InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa de Lugo sobre o 8M: "Son Lara Méndez, alcaldesa de...

A alcaldesa de Lugo sobre o 8M: “Son Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, muller e feminista, tremendamente feminista”

A xurista Paula Fraga, a activista Cristal Ramírez e a escola politécnica, premios Entremulleres. A Deputación súmase ás reclamacións do día da muller.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xurista e activista Paula Fraga, a activista polos dereitos LGTBI Cristal Ramírez e a comisión de igualdade da Escola Politécnica recibiron os premios Entremulleres, que convocan a Deputación e o Concello de Lugo.

No acto, a alcaldesa, a socialista Lara Méndez, reivindicouse como “muller e tremendamente feminista”. Pola súa banda, o goberno do organismo provincial emitiu un comunicado subliñando que se suma ás reclamacións deste 8 de marzo, día internacional da muller.

“Gustaríame iniciar a intervención dicindo que son Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, muller e feminista, tremendamente feminista”, proclamou no salón de plenos do Concello, onde se topou cun piquete informativo na mañá deste venres.

No seu discurso advertiu de que, ao seu xuízo, habería que estar a conmemorar este día “para seguir adquirindo dereitos e seguir loitando pola igualdade real”, ou falando “da brecha salarial”, pero “desgraciadamente” hai que “incidir moitísimo en non perder eses dereitos que se conseguiron”.

“Non podemos permitir que o representante de todos os galegos (Feijóo) non defenda o feminismo porque entón estamos nunha situación de ou non entendemos o feminismo que é o movemento que nace para combater unha desigualdade, un movemento que nace para combater o patriarcado, para combater o machismo, ou non o entende ou non cre na igualdade real entre homes e mulleres”, afeou ao presidente da Xunta.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...