InicioLugo e contornaLugoPodemos Lugo desbota un acordo con Lugonovo nas municipais e apoiar a...

Podemos Lugo desbota un acordo con Lugonovo nas municipais e apoiar a En Marea nas xerais

O secretario do Círculo de Podemos en Lugo, 'Josito' Pérez Afonso, non aclara a quen apoiará nas municipais e di que esta decisión débese a división existente en En Marea, partido que axudaron a crear e que acaban de abandonar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario do Círculo de Podemos en Lugo, ‘Josito’ Pérez Afonso, asegurou que será “complicado” alcanzar un acordo para configurar unha lista de unidade para as municipais con Lugonovo, marea lucense afín á dirección de En Marea.

Así mesmo, en declaracións aos medios este venres, o tamén membro da dirección de Podemos Galicia remarcou que o partido morado descarta concorrer ás eleccións xerais baixo o partido instrumental e que a aposta é reeditar a coalición con EU e Anova que xa existiu en 2015 e 2016.

“Imos tentar repetir iso que tan ben funcionou, que foi a orixe das forzas unidas en Galicia. Esa fórmula que uniu a Anova, Esquerda Unida e Podemos, e nós temos a man tendida para que ese espazo sexa máis amplo”, subliñou.

Neste sentido, ‘Josito’ Pérez, elixido nas primarias do partido morado como número un por Lugo, recoñece que non tería “inconveniente” en ceder ese posto na candidatura de coalición, que podería volver recaer en Miguel Anxo Fernán Vello (Anova), deputado na lexislatura recentemente concluída.

“Polo ben do proxecto non vai haber problema”, apostilou, para, a continuación, incidir en que a intención é que a coalición para as xerais entre Anova, Podemos e EU “xunte o mellor de cada casa”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...