InicioLugo e contornaLugo verá a marcha do 8M percorrendo as rúas do centro da...

Lugo verá a marcha do 8M percorrendo as rúas do centro da cidade nunha ruta nocturna

As feministas de Lugo queren deixar claro que as mulleres son as que fan "funcionar o mundo" porque son "as principais coidadoras da infancia, a vellez e as persoas enfermas e dependentes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Con motivo do Día da Folga Internacional de Mulleres, que está convocada tanto no ámbito laboral, como de coidados, de consumo e estudantil, a Plataforma Feminista de Lugo organiza unha ruada nocturna para este venres 8 de marzo, coa que esperan “repetir o éxito de asistencia vivido o pasado domingo na capital lucense, coa manifestación do movemento feminista galego”.

Así o avanzou este mércores una das portavoces deste colectivo, Judith Rodríguez, sobre unha marcha que sairá ás 20,00 horas da chaira do edificio da Xunta de Galicia e percorrerá o centro de Lugo ata terminar na Praza de Santa María, onde está prevista a lectura dun manifesto a cargo da xornalista Cristina Lombao. Posteriormente haberá unha actuación do grupo musical de mulleres ‘A Banda da Loba’.

As feministas de Lugo queren deixar claro que as mulleres son as que fan “funcionar o mundo” porque son “as principais coidadoras da infancia, a vellez e as persoas enfermas e dependentes”, porque asumen “as tarefas peor pagas e valoradas pola sociedade” e son “as compradoras maioritarias de produtos básicos”.

“Se paramos de facelo, a sociedade colapsaría”, explicaron nun comunicado, no que informan o seu obxectivo para o 8M: “Demostrar que as mulleres somos capaces de parar este sistema que nos sobreexplota e exerce todo tipo de violencias contra nós e tamén esixir un sistema distinto á explotación capitalista e á opresión patriarcal, baseado na igualdade e na xustiza social”.

Sobre a folga estudantil, Rodríguez explicou que tamén queren “parar o sistema educativo para reclamar un ensino feminista, laica e pública, que proporcione unha educación afectivo-sexual que permita romper cos estereotipos sexistas que están na raíz da violencia machista e sexual”.

As mulleres que non poidan secundar este paro e queiran manifestar o seu apoio á cita, están chamadas a colgar as súas mandiles da xanela ou o balcón das súas casas.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...