InicioMovementos sociaisPortomarín alberga este xoves un gran debate sobre os recortes no ensino

Portomarín alberga este xoves un gran debate sobre os recortes no ensino

Parlamentarios e representantes das nais e pais abordan un debate crucial para o futuro de Portomarín, paradigma en canto a recortes no ensino do rural

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Casa Sindical de Portomarín acolle este xoves (11.00 horas) un debate sobre os recortes que precarizaron o ensino no CEIP Virxe da Luz. Á cita están convidadas todas as persoas que desexen asistir, e acudirán parlamentarios de varias formacións políticas, das asociacións de nais e pais, e mailo alcalde Juan Serrano. Estará moderada polo xornalista Paco Nieto.

O debate desprazará a importantes representantes políticos, focalizando en Portomarín unha cuestión na que a vila lucense é paradigma. Trátase dun debate que destapou as contradicións do Partido Popular na Deputación, arredor dun colexio que pola falta de acordo quedou temporalmente sen actividades extraescolares e excursións, e no que os cativos reciben un terzo das horas de docencia obrigatorias noutros centros da provincia; desigual formación que compromete o futuro do alumnado e o dun Concello cun serio problema de despoboamento.

É por esta cuestión que o evento está considerado “de excesiva importancia” para o futuro do ensino e do rural. Estarán presentes un delegado das nais e pais dos alumnos do centro e o secretario da federación provincial de ANPA (Fapacel).

En canto á presenza dos partidos, está confirmada a asistencia da secretaria na mesa da Comisión de Educación do Parlamento de Galicia, a lucense Luca Chao, de En Marea; o vogal polo Partido Popular na Comisión, César Fernández; a homóloga Olalla Rodil, polo Bloque Nacionalista Galego e natural de Ribeira de Piquín; e o lucense Luís Manuel Álvarez polo Partido Socialista, tamén vogal no organismo parlamentar. A eles hai que engadir o alcalde de Portomarín, o popular Juan Serrano.

O PP de Lugo cuestiona o criterio da Xunta que levou aos recortes do ensino en Portomarín

ÚLTIMAS

Lugo Monumental celebra a súa asemblea anual reelixindo a Luis Latorre como presidente

Lugo Monumental celebrou o martes día 3 de febreiro ás 16:00 a súa asemblea...

Guntín recibe máis de 50.000 euros para mellora enerxética do pavillón municipal

A Xunta destina case 55.000 euros a colaborar co Concello de Guntín na mellora...

Carmela López visita ao persoal dos diferentes servizos da Deputación en

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, visitou este martes ao persoal dos...

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de...