InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta incentivará o consumo de xabaril para premiar a caza

A Xunta incentivará o consumo de xabaril para premiar a caza

O goberno galego aspira a reducir a poboación do porco bravo a través da caza, para o que facilitará a comercialización de carne de xabaril

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – Redacción | A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, avanzou que a Xunta de Galicia traballa nun decreto para facilitar a comercialización da carne de xabaril, para incentivar a redución da poboación destes animais a través da caza.

Os departamentos de Sanidade e Medio Ambiente traballan nun decreto “que se atopa en período de consultas”, e que premia a caza con incentivos para a comercialización e o consumo de xabaril. Vázquez fixo este anuncio trala reunión da Comisión de Seguridade Vial, da que trascendeu que no 2018 aumentaron un 24 por cento os accidentes de tráfico relacionados con animais, a metade deles por mor do porco bravo.

“Hai un grupo de traballo que leva traballando moito tempo para concretar a forma de afrontar o problema, a través de diferentes medidas, coma batidas de caza ou repelentes olfativos”, apuntou Vázquez. A conselleira referiuse á redacción do decreto que favorecerá a comercialización da carne de xabaril tras constatar que os repelentes “non están tendo moito éxito”.

O Goberno pronunciarase acerca da caza con arco do xabaril no Senado

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...