InicioMovementos sociaisA Muralla muda en símbolo feminista no preludio da manifestación unitaria

A Muralla muda en símbolo feminista no preludio da manifestación unitaria

Cada día dende as 20.00 horas, a Muralla quedará acendida en violeta como sinal de acollida da manifestación feminista unitaria do 3 de marzo e a folga de mulleres do 8-M

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Muralla de Lugo quedará acendida de cor violeta todos os días dende as 20.00 horas. É o sinal de acollida ao movemento feminista, que leva á cidade a gran manifestación unitaria do 3 de marzo, e que servirá de preludio da folga de mulleres do 8-M.

Ademais das luces, proxéctase sobre o Patrimonio da Humanidade a marca Mulleres con Forza, auspiciada polo Concello de Lugo como símbolo da loita pola igualdade de xénero.

A asamblea de Galegas 8MA escolleu Lugo como escenario da manifestación feminista unitaria do vindeiro 3 de marzo, que leva por lema Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista.

Como anunciou a plataforma, coordinaranse rutas de transporte colectivos cara a Lugo con motivo da manifestación feminista unitaria. Os grupos de traballo de Galegas 8M desenvolverán todo o necesario, e convidan a todas as mulleres que queiran participar da organización a contactar a través das redes sociais ou no enderezo 8m2018@gmail.com.

O propio 8 de marzo convocarase de novo a Folga de Mulleres nos eixos laboral, estudantil, de coidados e de consumo, informou a plataforma. Organizarase a nivel local con asembleas e xuntanzas abertas en diversas localidades.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...