InicioLugo e contornaLugoO Concello lanza un cartón para facilitar o acceso á oferta turística...

O Concello lanza un cartón para facilitar o acceso á oferta turística da cidade

Durante a presentación, a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou a importancia de "seguir dando pasos" co obxectivo de "mellorar a experiencia turística".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo distribuirá entre os establecementos hostaleiros un cartón de benvida para facilitar o acceso dos visitantes á oferta turística e cultural. Segundo indicou o Concello nun comunicado, o obxectivo deste soporte é facilitar que as persoas que cheguen á cidade dispoñan desde o primeiro momento e cun só clic a información sobre o patrimonio, cultura, gastronomía, natureza e museos.

  • Durante a presentación, a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou a importancia de “seguir dando pasos” co obxectivo de “mellorar a experiencia turística” e avanzar cara a un modelo que “permita desestacionalizar as visitas” e aproveitar “todo o potencial” de Lugo ao longo do ano. O encontro con profesionais do sector, tamén serviu para escoitar as necesidades e propostas. Así, trasladaron ao Concello cuestiones como a necesidade de avanzar na desestacionalización turística, mellorar a coordinación e garantir unha información máis fluída entre o Concello e o sector.

Pola súa banda, o concelleiro de Turismo e Museos, Agustín Galego, presentou a iniciativa baixo a lema ‘Lugo está de moda’ e indicou que este cartón e a guía cultural e turística forma parte da aposta municipal para facilitar o acceso á información e mellorar a experiencia dos visitantes.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...