InicioSociedadeAsociacións, sindicatos e institucións claman polo Xulgado do Social en Lugo

Asociacións, sindicatos e institucións claman polo Xulgado do Social en Lugo

A decisión do Goberno de non constituír o cuarto Xulgado do Social na provincia de Lugo xera un sentimento de agravio comparativo

PUBLICADA O

Malia o acordo da comisión mixta, o Goberno non constituirá un cuarto Xulgado do Social en Lugo. A decisión, que prexudica os traballadores de toda a provincia, recibiu críticas por parte de axentes sociais, profesionais e políticos. Dende o Concello da capital lucense, que comparte siglas co executivo central, aseguran que seguirán a reivindicar a nova sede xudicial para salvagardar “a protección dos máis febles”. O grupo socialista promoverá unha declaración institucional no pleno local.
Na división comarcal da Confederación Intersindical Galega lamentan o “escaso peso” da alcaldesa Lara Méndez e o presidente da Deputación, Darío Campos. Así, din “non comprender” a “decisión insólita” de rexeitar proposta da comisión mixta formada pola Xunta de Galicia e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A ausencia dun novo Xulgado do Social, adivirten na central sindical, “deixa con patente de corso á patronal para precarizar as condicións de traballo alén das propias reformas laborais”.
Outro importante actor, o Colexio Provincial de Avogados de Lugo, pronunciouse negativamente sobre a non inclusión do cuarto Xulgado do Social, que cualifican de “inxusta e descriminatoria“. Dende a asociación profesional instan á rectificación no seo do Ministerio de Xustiza para “cambiar unha das múltiples carencias dos xulgados da provincia”, e contemplan “adoptar outro tipo de medidas dentro da legalidade”.
+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...