InicioLugo e contornaLugoO BNG de Lugo solicita un pleno extraordinario para "desbloquear máis de...

O BNG de Lugo solicita un pleno extraordinario para “desbloquear máis de 2,7 millóns en facturas bloqueadas con Candia”

Rubén Arroxo explicou que Lugo está a vivir "unha situación inédita", cun goberno municipal que "lle está negando, por decisión política, o pago a 542 autónomos e pequenos empresarios".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a súa formación acaba de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario no mes de agosto “para desbloquear” a situación económica do Concello, “con máis de 2,7 millóns en facturas bloqueadas con Candia”. Arroxo afirmou que, a pesar de que no mes de agosto non se adoita convocar o pleno municipal, “hai que arranxar o malestar que nos trasladan os autónomos e pequenos empresarios da cidade que continúan sen cobrar polos servizos prestados ao Concello”.

Rubén Arroxo explicou que Lugo está a vivir “unha situación inédita”, cun goberno municipal que “lle está negando, por decisión política, o pago a 542 autónomos e pequenos empresarios”. O portavoz do BNG dixo que o procedemento de pago dunha factura conta cunha primeira fase administrativa, na que se comproba a prestación dos traballos e tramítase a documentación correspondente. “Nesta parte pode haber atrasos por múltiples factores, tanto por causas da propia administración como por demora na presentación da factura”, indicou.

Unha vez terminado o trámite administrativo, comeza a fase política: “aquí é cando o goberno decide se leva as facturas a pleno no caso de superar o exercicio orzamentario ao que están imputadas, ou se, pola contra, decídese politicamente que non vaia a pleno”, dixo Rubén Arroxo. Arroxo denunciou que “hai centos de facturas que levan tres meses co trámite administrativo terminado, pero a señora Candia decidiu politicamente non levalas a pleno”. A consecuencia disto, engadiu, é ter os “542 provedores sen cobrar pola decisión da señora Candia de castigar os autónomos e pequenos empresarios de Lugo”.

Arroxo apostilou que, se non se convoca o pleno que reclama o BNG, “estas persoas non cobrarán ata o mes de outubro, xa que o próximo pleno está previsto para o 24 de setembro”. Isto suporía, dixo, “un atraso de cinco meses desde que os expedientes administrativos están terminados”.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...