O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que Zaragoza será a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública, en virtude do acordo alcanzado para iso na última reunión do Consello de Ministros neste período de sesións. Lugo era unha das aspirantes.
“Parabén aos zaragozanos e zaragozanas, e parabén tamén ao conxunto do país”, ofreceu o líder do Executivo durante a súa comparecencia para efectuar balance do curso político. “Fai falta ter unha Axencia Estatal de Saúde Pública que nos permita ter todos os recursos que non tivemos durante os primeiros meses aciagos da pandemia”, subliñou.
Toledo (Castela-A Mancha), Granada (Andalucía), Zaragoza (Aragón), Murcia, Barcelona (Cataluña), León (Castela e León), Oviedo (Asturias) e Lugo (Galicia) eran as oito cidades que aspiraban a acoller a sede deste organismo.
REACCIÓN DO PSOE LOCAL