InicioLugo e contornaLugoO Concello culmina a recepción do Polígono 2 de Louzaneta tras máis...

O Concello culmina a recepción do Polígono 2 de Louzaneta tras máis de dúas décadas de bloqueo

O desbloqueo do expediente foi posible grazas ao acordo alcanzado entre o Concello e a Xunta de Compensación do Polígono 2.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo formalizou esta tarde de luns a recepción parcial do Polígono 2 do barrio de Louzaneta, unha medida pon fin a unha situación enquistada durante máis de vinte anos e abre a porta á normalización urbanística deste ámbito residencial. O paso dado permitirá aos propietarios avanzar na regularización definitiva das súas parcelas e solicitar as licenzas de primeira ocupación co correspondente informe técnico favorable de enxeñaría, o que lles permitirá responder “a unha demanda histórica dos veciños e ofrecer seguridade xurídica aos propietarios”, explicou a alcaldesa, Elena Candia.

Neste sentido, sinalou que, nun contexto marcado pola necesidade de incrementar a oferta de vivenda, “resultaba incomprensible que unha zona da cidade continuase pendente de completar o seu desenvolvemento urbanístico”. Así mesmo, avanzou que o traballo municipal continuará agora co obxectivo de impulsar a recepción dos polígonos 1 e 3, así como da zona industrial de Louzaneta. O desbloqueo do expediente foi posible grazas ao acordo alcanzado entre o Concello e a Xunta de Compensación do Polígono 2. Os propietarios asumiron o custo necesario para executar o soterramento da liña eléctrica de media tensión, unha actuación valorada en 80.322 euros. Tras o ingreso desta cantidade nas arcas municipais o pasado 16 de xullo, cumpríronse os requisitos necesarios para proceder á recepción da urbanización.

Coa firma da acta, o Concello asume agora a coordinación dos trámites e actuacións necesarias para levar a cabo esa actuación eléctrica, unha intervención considerada clave para completar a urbanización deste sector. Durante o acto estivo presente Germán Pumares Díaz, representante da Xunta de Compensación do Polígono 2, que agrupa a 40 propietarios dun total de 65 parcelas. Pumares agradeceu a colaboración das actuais autoridades municipais para resolver unha situación que, segundo indicou, “prolongouse durante anos por motivos alleos aos propietarios”.

A firma tamén contou coa participación de Tomás Notario, autor do proxecto urbanístico e director das obras, quen destacou o valor simbólico do momento ao considerar que supón o paso “dunha situación de feito a unha situación de dereito”. A recepción parcial do Polígono 2 constitúe a primeira actuación dunha estratexia máis ampla impulsada polo Concello para regularizar o conxunto de ámbitos pendentes en Louzaneta. “O obxectivo é avanzar na resolución definitiva dos polígonos restantes e da zona industrial, pechando así una das materias pendentes do urbanismo lucense e dando resposta a unha reivindicación histórica dos veciños afectados”, explicou Candia.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...