InicioPolíticaRodríguez responsabiliza ao PP da falta de efectivos policiais en Lugo

Rodríguez responsabiliza ao PP da falta de efectivos policiais en Lugo

A subdelegada do Goberno atribúe ao "déficit acumulado" nos mandados populares a situación da comisaría provincial de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, afirmou comprender a postura dos sindicatos policiais en relación á plantilla provincial, mais culpou da situación ao Partido Popular. Segundo a responsable gubernamental, o déficit acumulado “é moi grande” na cobertura de vacantes na comisaría.

Contestou así Rodríguez aos sindicatos representativos na provincia de Lugo, que expresaron “malestar” e “indignación” perante o borrador do Concurso Xeral de Méritos 2019″ no que traballa a Dirección Xeral da Policía. Segundo as centrais sindicais, “un ano máis” os lucenses “son deixados da man de Deus polas institucións” debido a que non figura ningunha praza para a comisaría provincial.

Nese senso, a subdelegada precisou que o borrador “non pode solventar o gran déficit” xerado na capital lucense “polos sete anos de goberno do Partido Popular”. Lembrou Rodríguez que no concurso teñen prioridade “as plantillas con maior déficit de persoal”, que no caso da provincia de Lugo serían “as de Viveiro e Monforte de Lemos”.

En rolda de prensa, os representantes da Unión Federal de Policía (UFP), o Sindicato Unificado de Policía (SUP), a Confederación Española de Policía (CEP) e mailo Sindicato Profesional de Policía (SPP) explicaron que Lugo “é a única cidade de Galicia abandonada” pola cúpula policial e o Ministerio do Interior. Das 133 prazas a crear nos concellos galegos, ningunha está asignada á capital lucense.

Un plan de tráfico no Cebreiro

Reunión da subdelegada do Goberno co alcalde de Pedrafita do Cebreiro | Subdelegación do Goberno
Reunión da subdelegada do Goberno co alcalde de Pedrafita do Cebreiro | Subdelegación do Goberno

Por outra banda, a subdelegada reuniuse co alcalde de Pedrafita, José Luís Raposo, para afrontar os problemas de tráfico no Cebreiro. A gran afluencia de visitantes leva a empregar a estrada de acceso como aparcadoiro, colapsando a circulación nas fins de semana para desfrutar da neve.

Rodríguez e Raposo acordaron convocar a todas as administracións implicadas, co concurso de Tráfico, Estradas, Protección Civil e Patrimonio, para procurar unha alternativa no acceso dos visitantes sen complicar a circulación no Cebreiro.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...