InicioEconomíaA Deputación triplicou dende 2015 os quilómetros de estradas renovadas

A Deputación triplicou dende 2015 os quilómetros de estradas renovadas

A rede viaria provincial pasou de 700 quilómetros de aglomerado en quente a 2.200 quilómetros en catro anos, co que a metade das estradas están renovadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno provincial aprobou esta semana obras en 23 estradas provinciais que atravesan nove concellos. Un investimento de 2,2 millóns de euros permitirá a aplicación de aglomerado en quente en 54 quilómetros na rede viaria provincial máis ampla do estado. Para a renovación completa serían necesarios dez orzamentos da Deputación.

Malia o reto de administrar 4.300 quilómetros de estradas provinciais, que cada inverno sofren afectacións de todo tipo –inundacións no Alto Miño, desprendementos, caída de árbores e acumulación de neve na Montaña–, sucesivos incrementos nos orzamentos permitiron á Deputación triplicar os treitos renovados dende 2015. Durante o mandado, o executivo de Darío Campos levou os 700 quilómetros rehabilitados con aglomerado en quente ata os actuais 2.200, superando a metade do total.

O esforzo supuxo para o erario provincial un investimento de 45 millóns de euros. Na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, o deputado de Relacións Institucionais Álvaro Santos dixo que son “conscientes de que aínda queda moito por facer”, apuntando a que farían falla 300 millóns de euros tan só para renovar o firme. E para a completa rehabilitación da rede provincial, calcula necesario o triplo desa cantidade. Para este 2019, as contas consignan un total de 90 millóns de euros para todas as partidas.

Respecto do aprobado este venres, 1,7 millóns adícanse a renovar 44 quilómetros de 18 estradas en Muras, Begonte, Outeiro, Portomarín, Sober, Samos e Ourol. Por outra banda, iniciouse a contratación de melloras en 10 quilómetros de 5 estradas provinciais en Cervantes e Vilalba por valor de medio millón de euros. Asemade, resultaron aprobados os plan de seguridade e saúde no traballo co gallo de iniciar, nos vindeiros días, melloras noutras sete estradas provinciais en Abadín, Xermade e Baleira.

Listaxe de melloras por concellos

(Arquivo) Álvaro Santos supervisa o treito que une Friol con Parga | Deputación de Lugo

– En Begonte: 2,8 quilómetros da estrada LU-P-0801, que vai dende a N-IV en Begonte, a Veigas de Baltar.

– En Sober:  2,4 quilómetros de dúas estradas da LU-P-5903, estrada para acceder aos principais miradoiros do Canón do Sil e LU-P-3201, enlace entre Sober e Monforte de Lemos

– En Ourol: 12 quilómetros de 5 estradas provincias. Son a  LU-P-3801, que vai de Ourol Ás Lobeiras polo Carmen; LU-P-3802, que vai de Ourol á Igrexa; LU-P-6602, de Ruanova por Sixto a Muras; LU-P-3807, de Bravos por Foxo a San Pantaleón, e LU-P-3803, da Ponte Torta á Cruz das Leiras.

– En Outeiro de Rei: 6,2 quilómetros de 2 estradas: LU-P-1109, que vai de Dumpon, por Cornide a Arcos, e LU-P-3907, que vai de Arcos ao Ceao, en Lugo, por Vilar.

– En Muras: 12 quilómetros de 4 vías provinciais: LU-P-3401, que vai de Aguias a Igrexa do Burgo; LU-P-3404, de Casateita pola Escola de Paio, LU-P-3406, de Picheira por Irixoa á Balsa, e LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavin

– En Samos: 5 quilómetros de 2 estradas provincias: LU-P-5601, que vai de Samos ao Courel; e LU-P-5603 de Aira Padrón a Praducelo e a Ponte Louzara

– En Portomarín: 2,5 quilómetros de 2 estradas provincias: LU-P-4906, que vai de Sabadelle a Villarbacin e LU-P-4910, que vai ata o clube náutico.


– En Cervantes: 4 quilómetros de 2 estradas: LU-P-1402, que vai de San Martiño por Quindous a Vilaquinte, e LU-P-1408, que vai de Fonquente a Noceda.

– En Vilalba: 300.000 euros para 6 quilómetros de 3 estradas: LU-P-6505 de Martiñán a Corvelle; LU-P-6513 de Vilalba a Momán; e LU-P- 6517 de Mourence á Igrexa Mourence.


– En Abadín: 3 quilómetros da LU-P-0107, de Abadín a Fanoi.

– En Xermade: 7,3 quilómetros de 3 estradas: LU-P-2201, de Candamil por Xermade a Pedrón; LU-P-2202, de Pedreira a Casanova; e LU-P-2206, de Roupar por Lousada a Vilapedre.

– En Baleira: 5 quilómetros de 3 estradas: LU-P-4604, de Caraño á Braña, LU-P-5401, de Boel por Martín á Muíña, e LU-P-4606 de Martín a Crende. Serve tamén de nexo entre Pol e Baleira e beneficiará directamente a máis dun cento de veciño que viven na zona.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...