InicioSociedadeLugo reduce a dez días a resposta en cardioloxía grazas á coordinación...

Lugo reduce a dez días a resposta en cardioloxía grazas á coordinación con primaria

O conselleiro Antonio Gómez Caamaño destaca o éxito da consulta clasificatoria e o seguimento de 10.000 pacientes por telemedicina.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo de relevo este venres a «eficaz» coordinación entre a atención primaria e a hospitalaria na área sanitaria de Lugo, un modelo de traballo que está a permitir ofrecer unha resposta aos pacientes cardiolóxicos nun prazo máximo de dez días.

Durante a inauguración da III Reunión de CardioPrimaria (CYMAP 2026) no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), Gómez Caamaño explicou que, desde o pasado ano, a área lucense conta cunha consulta clasificatoria de cardioloxía desde atención primaria. Este sistema, baseado en procesos de derivación acordados entre profesionais, permite que o Servizo de Cardioloxía do hospital realice unha valoración e dea resposta nunha marxe de entre 7 e 10 días.

O titular de Sanidade subliñou a importancia da rapidez na resolución de procesos e a necesidade de priorizar os distintos cadros clínicos para mellorar a asistencia. Neste contexto, destacou que o Sergas monitora actualmente a máis de 10.000 pacientes cardiovasculares desde os seus domicilios a través da plataforma de telemedicina Telea, o que facilita o seguimento constante sen necesidade de desprazamentos.

PROTOCOLOS E REFORMA DA PRIMARIA

Así mesmo, o conselleiro lembrou que Galicia conta cunha rede coordinada entre o 061 e os niveis asistencial e hospitalario para patoloxías «tempo-dependentes». Destacou a vixencia do Código Shock Cardiolóxico e o programa Progaliam, que establece protocolos de resposta áxil para situacións críticas como o infarto agudo de miocardio.

Finalmente, Gómez Caamaño avanzou que o seu departamento traballa cos sindicatos nunha reforma integral do primeiro nivel asistencial. O obxectivo desta iniciativa é reducir a carga burocrática dos profesionais e dotar de maior flexibilidade ás axendas médicas para optimizar a atención ao paciente.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...