InicioMedioambiente e PatrimonioLuz verde da Xunta para unha planta de valorización de residuos plásticos...

Luz verde da Xunta para unha planta de valorización de residuos plásticos en Muras

O promotor, Técnica de Envases Pesqueiros SA, solicita a xestión de 510 toneladas anuais de residuos, que permitirán a fabricación dos produtos que comercializa a empresa distintos dos de uso alimentario, como caixas para botellas, macetas ou palés, entre outros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta deu luz verde ambiental á instalación dunha planta para a valorización de residuos plásticos no municipio lucense de Muras.

Segundo se conclúe no informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia, non son previsibles efectos adversos significativos derivados do proxecto, sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada, como na propia resolución autonómica.

O informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, á vez que foron consultados un total de dez organismos interesados.

Froito desas consultas, realizaron a valoración correspondente e estableceron condicionantes que se engaden aos incluídos no propio programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral da Calidade Ambiental.

Esas avaliacións consideran que o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos campos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que cumpra con certos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación a aspectos tales como a protección da atmosfera e da saúde pública; do chan e das augas; sobre a xestión de residuos ou en materia de uso eficiente da enerxía e da auga, entre outras cuestións.

Unha vez emitido o IIA, que non exime ao promotor do deber de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente esixibles para poder desenvolver o proxecto, remitiuse a resolución ao órgano substantivo e proximamente daráselle publicidade a través do DOG e da páxina web da consellería.

PROXECTO

A actividade, que se desenvolverá nas instalacións que o promotor xa ten en Muras, consistirá fundamentalmente na valorización de envases plásticos reutilizables danados e outros plásticos de similar composición mediante o lavado, triturado e inxección para a fabricación de novos produtos do mesmo material.

O promotor, Técnica de Envases Pesqueiros SA, solicita a xestión de 510 toneladas anuais de residuos, que permitirán a fabricación dos produtos que comercializa a empresa distintos dos de uso alimentario, como caixas para botellas, macetas ou palés, entre outros.

O plástico para reciclar será no seu maior parte polietileno de alta densidade e, en menor medida, polipropileno. O fin último é realizar con residuos plásticos de terceiras empresas produtoras a mesma actividade que fai con pezas plásticas defectuosas que se xeran no seu proceso de produción.

+ posts

ÚLTIMAS

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...

A Vicepresidencia da Deputación reforza a súa colaboración coa proba ciclista A Fortaleza de Castroverde

Castroverde acollerá o vindeiro sábado 16 de maio a terceira edición da Ruta Cicloturista...