InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación reparte este sábado 250 especies autóctonas para conmemorar o Día...

A Deputación reparte este sábado 250 especies autóctonas para conmemorar o Día da Árbore

Así, o deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, felicitou á Federación de Veciños Lucus Augusti por organizar unha iniciativa que leva máis de 30anos promovendo a conciencia ambiental.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo repartirá este sábado 250 especies autóctonas para conmemorar o Día da Árbore e tamén autorizará a plantación de 25 acivros nun terreo provincial.

A cita, segundo indicou a institución provincial nun comunicado, terá lugar este sábado ás 12.00 horas na contorna do paseo do río Intre e tamén conta coa colaboración do Concello.

Así, o deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, felicitou á Federación de Veciños Lucus Augusti por organizar unha iniciativa que leva máis de 30anos promovendo a conciencia ambiental.

“É un exemplo de compromiso dos veciños co medio ambiente e co patrimonio de Lugo”, remarcou o deputado.

Así mesmo, o Concello distribuirá outras 250 plantas medicinais, incluíndo romeu, perexil e lavanda.

O obxectivo desta xornada é concienciar sobre o coidado do medio ambiente, a importancia da reforestación e a conservación das zonas verdes.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...