InicioSociedadeO río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

Activada a prealerta por inundacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes ao Concello de Lugo da activación da fase de prealerta ante a posible crecida do río Miño ao seu paso pola cidade de Lugo.

Segundo os datos rexistrados pola estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) N001, situada no río Miño en Lugo, os niveis de auga superaron o limiar de prealerta, correspondente ao nivel laranxa. A evolución destes rexistros apunta á probabilidade de que se produzan situacións significativas de crecida nas próximas horas.

De feito, en numerosas zonas da contorna do Miño a crecida xa se notou, alagando os puntos habituais de desbordamento. Un deles é precisamente o Muíño de Olga, que está en obras para converterse nun centro de interpretación fluvial dependente da USC, e onde os operarios traballan a contrarreloxo para retirar os aveños e maquinaria que poden ser danados pola auga.

Ante esta situación, desde a área de Transición Ecolóxica recoméndase evitar o tránsito peonil polo tramo do Paseo do Miño comprendido entre o Balneario de Lugo e o restaurante O Muíño, debido ao aumento do caudal do río ao seu paso pola cidade. Así mesmo, as autoridades fan un chamamento á cidadanía para que se manteña afastada das zonas inundables próximas aos ríos e evite asumir riscos innecesarios que poidan pór en perigo a súa seguridade

Pero non só a cidade de Lugo está en alerta, xa que varios concellos polos que pasa o Miño están tamén con problemas de inundacións. O Club Fluvial de Begonte é un dos afectados, así como numerosas estradas locais que se están cortado pola auga acumulada, con casos en municipios como Guitiriz, Cospeito, Vilalba ou Xermade, entre outros moitos.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...