InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaO TSXG confirma o veto ao parque eólico Medoutraves na Fonsagrada por...

O TSXG confirma o veto ao parque eólico Medoutraves na Fonsagrada por afectar á Rede Natura

O tribunal desestima o recurso da promotora contra a Xunta e ratifica que a instalación non é autorizable porque as súas liñas eléctricas cruzan unha Zona de Especial Conservación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección terceira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso interposto por unha sociedade contra a Xunta de Galicia por inadmitir a súa solicitude de autorización para o parque eólico Medoutraves, situado no termo municipal da Fonsagrada (Lugo). O tribunal confirma así a legalidade da decisión do Goberno galego de frear o proxecto e as súas infraestruturas de evacuación.

A Xunta fundamentou a inadmisión en dúas resolucións: a primeira por situarse fóra das áreas de desenvolvemento eólico do plan sectorial e a segunda, e definitiva, porque as liñas eléctricas que interconectaban os aeroxeradores cruzaban un espazo protexido pola Rede Natura 2000. O TSXG aclara que a promotora non impugnou a primeira resolución, senón que presentou un novo proxecto que volveu ser inadmitido. A empresa alegaba que a Administración debía permitirlle emendar os defectos antes de rexeitar a solicitude, pero os maxistrados conclúen que a inadmisión era procedente ao non cumprir requisitos substantivos da lexislación vixente.

Na sentenza, a sala precisa que o motivo determinante para o rexeitamento do 29 de decembro de 2023 foi que as liñas eléctricas da poligonal cruzaban unha Zona de Especial Conservación. O tribunal sinala que, aínda que existían outros defectos que si serían emendables —como a falta de acreditación de capacidade económica ou técnica—, o feito de invadir un espazo natural protexido facía o proxecto inviable de orixe. Por tanto, os maxistrados sentencian que a Xunta actuou “de forma correcta”. A resolución non é firme, xa que a empresa aínda pode presentar un recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...