InicioPolíticaCarmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección...

Carmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección como presidenta da Deputación de Lugo

Foi apoiada por PSdeG, BNG e polo, agora non adscrito, José Tomé. O PPdeG insiste no "pacto da vergoña".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi elixida este mércores como nova presidenta da Deputación de Lugo cos votos do PSOE, do BNG e do integrante do grupo mixto, o expresidente da institución José Tomé.

A rexedora contou co apoio de todos os deputados socialistas e do Bloque Nacionalista Galego, así como do propio José Tomé, que avanzou ao comezo do pleno que se sumaba á proposta do Grupo Socialista. Na sesión os populares apoiaron ao seu propio candidato, o portavoz do PP na institución provincial, Antonio Ameijide.

Deste xeito, socialistas e nacionalistas dan continuidade ao acordo de goberno que mantiñan na institución provincial ata que a principios do pasado mes de decembro o que era presidente, o aínda alcalde de Monforte José Tomé, renunciou á Presidencia e saíu das filas socialistas tras ser denunciado por suposto acoso sexual a través da canle interna que para iso habilitou o Partido Socialista.

Carmela López logrou manter a unidade no Grupo Provincial Socialista e lograr o respaldo dos tres deputados provinciais que encabezaron unha candidatura alternativa a Tomé nas primarias que o PSOE de Lugo celebrou á Secretaría Xeral. A alcaldesa de Burela prometeu “pola súa conciencia e honra cumprir fielmente” as obrigacións da Presidencia da Deputación de Lugo, con “lealdade” a Rei, á Constitución e ao Estatuto de Autonomía de Galicia.

IGUALDADE

Tras tomar posesión do cargo, no seu primeiro discurso, Carmela López asegurou asumir Presidencia desde a igualdade e manifestou que chega ao cargo grazas ao camiño feito por moitas mulleres e homes para que “cada vez haxa máis mulleres na política”. “A miña experiencia como alcaldesa, o cargo máis fermoso que se pode alcanzar en política, ensinoume a gobernar con capacidade de diálogo, accesibilidade e empatía, pero tamén con firmeza e criterio propio”, destacou.

Todo iso nunha intervención na que puxo en valor o traballo do goberno bipartito na institución e subliñou tamén a súa “estabilidade”. Ademais, agradeceu a confianza mostrada nela polo PSOE, á que asegurou que responderá con “compromiso e servizo público”.

Ao pleno asistiu tanto o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, como a presidenta dos populares de Lugo, Elena Candia. Antes de arrincar o pleno, PSOE e BNG avanzaban a súa intención de apoiar a candidatura que encabeza a alcaldesa de Burela, mentres que o portavoz do PP, Antonio Ameijide, volveu cualificar de “pacto da vergoña” o acordo.

TOMÉ FACILITARÁ O LABOR DO GOBERNO BIPARTITO

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a alcaldesa de Burela, Carmela López, será unha “gran lideresa” ao “temón” da Deputación de Lugo, institución na que este mércores tomou posesión como presidenta tras a renuncia o pasado mes de decembro de José Tomé ao ser denunciado por suposto acoso sexual. En declaracións aos medios tras a celebración do pleno no que Carmela López logrou o apoio de PSOE, BNG e do propio Tomé, o xefe de filas do PSdeG describiu esta xornada como un “día de alegría” e asegurou que a nova presidenta marca unha “forma de facer política claramente socialista”, coa súa aposta pola cooperación cos concellos e a integración da provincia fronte a un PP que “maltrata” a Galicia interior.

Besteiro, que destacou que este tipo de política supón un “aire fresco“, rexeitou as acusacións do PP, que cualifica o acordo entre BNG e PSOE como “pacto da vergoña”. “O PP que se deixe de facer declaracións erráticas, descalificatorias, e que se centre nos intereses da provincia”, asegurou. O secretario xeral do PSdeG sostivo que “o PP ano tras ano materializa” na provincia de Lugo a súa falta de investimentos e de aposta polo rural, ao mirar só “para outra parte de Galicia” e nunca para “Lugo e a Galicia interior”. Ademais, argumentou que os “pactos da vergoña” son as mocións de censura que o PP fai por toda Galicia “nos que se ignoran totalmente os resultados das eleccións e nos que se pactan cuestións inconfesables”.

Preguntado respecto diso, Besteiro lembrou que a dirección do PSdeG pediu a José Tomé, quen xa está fóra das siglas socialistas, que entregue a acta, pero lembrou que a acta é persoal. Precisamente, aínda que rexeitou facer declaracións aos medios, Tomé mostrouse este mércores disposto a facilitar o labor de goberno á nova presidenta. “Hoxe é o seu día“, trasladou.

ÚLTIMAS

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...

Os gandeiros manteñen a protesta indefinida en Lugo e advirten de que Mercosur traerá “pobreza e lumes”

Os gandeiros e agricultores galegos continúan en pé de guerra contra o acordo comercial...

A Fiscalía pide 20 anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente a un menor contactado por Tinder

A Audiencia Provincial acolleu este martes o xuízo contra un home de 34 anos,...

O PPdeG denuncia que o PSOE e o BNG consumarán en Lugo un “pacto porco” cun presunto agresor sexual

O PPdeG asegurou que o Partido Socialista e o BNG consumarán este mércores o...