A Policía Local de Lugo interceptou o pasado domingo a catro persoas que trataban de ocupar un inmoble accedendo ao mesmo a través dun oco nunha porta de madeira. Tal como informan os axentes, foi un particular o que alertou aos funcionarios do que estaba a ocorrer, desprazándose ao momento os policías e comprobando que catro persoas estaban a introducir diversos elementos no interior da vivenda por un buraco na porta da planta baixa.
Estas persoas aseguraron que residían alí desde facía polo menos tres días, comprobando os policías que non se correspondía coa realidade, xa que durante esa mesma xornada outros indicativos interviñeran na vivenda e estaba deshabitada. Por iso, desaloxaron a estas persoas e contactaron coa lexítima propietaria do inmoble para informarlle do ocorrido, coa intención de que proceda a pechar o buraco aberto e formalizar a denuncia por intento de ocupación.
