InicioPolíticaAna González Abelleira critica o "expolio político" das causas feministas no caso...

Ana González Abelleira critica o “expolio político” das causas feministas no caso de José Tomé

A portavoz municipal cualifica de "deleznable" o tratamento público do caso e reclama o cumprimento das normas sobre acoso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do PSOE no Concello de Lugo, Ana González Abelleira, defendeu este martes a necesidade de actuar con cautela ante o caso de José Tomé, priorizando en todo momento a protección das vítimas. Durante a súa comparecencia para informar dos acordos da xunta de goberno, a edil subliñou que o compromiso feminista é parte esencial da identidade socialista e que os fundamentos para abordar estas situacións xa están recollidos nas bases e estatutos da formación.

González Abelleira amosouse moi crítica co tratamento mediático que está a recibir o caso, cualificando de “deleznable” a forma en que se aborda publicamente o asunto. Segundo a concelleira, estanse a vulnerar os dereitos das vítimas sen ter en conta as normativas sobre acoso, polo que instou a ser extremadamente cautos. Así mesmo, referiuse aos manifiestos xurdidos nos últimos días sinalando que, a título personal, comparte moitos dos seus plantexamentos ao estar xa integrados no código ético do partido.

Na súa intervención, a portavoz insistiu na importancia de distinguir claramente entre a vía xudicial e a orgánica. Seguindo a liña do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, Abelleira avogou por seguir os canles establecidos no partido para cuestións organizativas, mentres animou ás vítimas a denunciar por vía xudicial. Denunciou o que cualificou como un “expolio político” ao utilizar as causas das mulleres con fins alleos, algo que considera “inaceptable”.

Finalmente, a concelleira lembrou que as mulleres representan a metade da poboación e non un colectivo, e recalcou que os seus dereitos deben ser respectados como seres humanos. Aínda que considerou lexítimo “alzar a voz” mediante manifestos, rexeitou que estes se tergiversen para convertelos nunha loita interna de bandos. “Un caso de violencia machista non pode converterse nunha loita partidista”, resolveu a edil socialista, insistindo en que se deben garantir os dereitos de todas as partes, incluído o dereito á defensa.

ÚLTIMAS

O BNG esixe no Congreso o impulso “inmediato” da autovía A-56 entre Lugo e Ourense

deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas para reclamar...

Lago Lage preside a primeira reunión da Xestora para recuperar a normalidade política en Lugo

A Comisión Xestora do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, constituída o pasado luns tras...

O PP esixe ao Goberno levar a fibra e o 5G a todo o rural lucense

O senador do PP lucense Manuel Balseiro defenderá este mércores na Comisión de Transformación...

Ratificada por Ferraz a lista para dirixir o PSOE da provincia de Lugo con Lago Lage á cabeza

o PSdeG-PSOE da provincia de Lugo recibiu de forma oficial a conformidade da dirección...