Home Lugo e contorna Lugo Detido por negarse a ser identificado e agredir a un axente da Policía Local de Lugo

Detido por negarse a ser identificado e agredir a un axente da Policía Local de Lugo

0
Detido por negarse a ser identificado e agredir a un axente da Policía Local de Lugo
Axentes da Policía Local de Lugo. POLICÍA LOCAL DE LUGO

Efectivos da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home como suposto autor dun delito de atentado contra axente da autoridade, tras negarse a ser identificado e agredir a un dos funcionarios intervenintes. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron cando unha dotación acudiu a un bar da cidade debido a un altercado. Un home negouse reiteradamente a identificarse e a colaborar e, ao ser informado de que sería trasladado a dependencias policiais, propinou unha labazada a un dos policías.

Ademais, durante o traslado, o detido proferiu ameazas graves contra os funcionarios, así como insultos. O home foi asistido por sanitarios e posto a disposición xudicial. Por outra banda, a Policía Local tamén tamén detivo a outra persoa, neste caso, por unha requisitoria emitida polo xulgado de instrución de 7 da Coruña.

Á marxe das detencións, a Policía Local de Lugo tamén tramitou varias denuncias en materia de seguridade cidadá. Deste xeito, foi denunciada unha persoa por negarse a identificarse e por facilitar datos falsos; tramitáronse outro tres denuncias por venda ambulante non autorizada na contorna do parque da Milagrosa; dúas denuncias a persoas que exercían como ‘gorillas’ nas inmediacións do HULA; e unha denuncia por exceder o horario de apertura a unha local do barrio da Residencia.

+ posts