InicioSucesosCatro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de Lugo, nun operativo que se saldou con catro detidos, e máis dun quilo de cocaína intervida. Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo, a investigación iniciouse o pasado ano ao terse coñecemento do incremento da venda de estupefacientes a pequena e mediana escala en localidades da Mariña.

Os axentes puideron identificar aos dous distribuidores da droga, que tiñan en Vilalba a súa base de operacións e dedicábanse a abastacer a outros vendedores a menor escala. Así, adoptaban medidas de seguridade nos seus desprazamentos, usando vehículos lanzadeira e rutas aleatorias. Os sospeitosos, dous veciños de Vilalba de 35 e 46 anos de idade, citábanse cos seus ‘clientes’ en lugares abertos e fáciles de controlar, e realizaban contravixilancias nas zonas nas que operaban. Para transportar as drogas usaban vehículos con compartimentos ocultos (caletas).

No momento da súa detención, interviñéronselles 1.500 gramos de cocaína, dous vehículos de alta gama, diñeiro en efectivo e diverso material para a preparación e envasado da droga. Posteriormente, identificouse e detivo a outras dúas persoas, dous veciños de Viveiro, de 39 e 45 anos, que abastecían de estupefacientes a localidades da Mariña. Nos rexistros interviñéronse 120 gramos de cocaína, 74 gramos de marihuana, 1.200 gramos de haxix, e material de corte, así como útiles de pesada, envasado e distribución. As persoas detidas foron postas a disposición xudicial, e decretouse o ingreso en prisión de tres delas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...