InicioMovementos sociaisSanidade anuncia hemodinámica 24 horas no HULA

Sanidade anuncia hemodinámica 24 horas no HULA

O conselleiro de Sanidade explicou que a ampliación do servizo de hemodinámica segue a recomendación dos expertos, criterio que antes desbotaba

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Unidade de Hemodinámica do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo pasará a ter horario 24 horas. A medida foi anunciada este xoves polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen precisou que atenderá a procedementos urxentes e anxioplastias primarias. O horario continuado comezará a mediados de febreiro.

Na actualidade, hemodinámica opera desde as 8 da mañá até as 10 da noite. Almuiña xustificou o cambio de criterio pola recomendación dos expertos –a Comisión de Control e Seguimento, con Servizos de Cardioloxía de todo o país–, a mesma que ata o de agora foi ignorada no departamento autonómico, alegando que “a mortalidade por infarto na provincia de Lugo non é distinta á do resto de Galicia”.

Aliás, o conselleiro asegura que a decisión do Servizo Galego de Saúde débese á mellora constatada no diagnóstico como consecuencia da ampliación do horario de hemodinámica ata as 22.00 horas, realizada en febreiro de 2018. Almuiña aclarou que os datos proceden do Regaliam, o Rexistro Galego de Infarto de Miocardio, a mesma fonte na que se baseaba para negar a necesidade dun servizo continuado.

Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | Grupo San José
Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | Grupo San José

O titular de Sanidade indicou que a mortalidade por infarto de miocardio en Lugo mantense por debaixo do 5 por cento, estándar estabelecido pola Sociedade Española de Cardioloxía. Porén, segue un punto e medio por enriba dos rexistros hospitalarios de Santiago de Compostela ou Pontevedra.

Ademais, a falta de horario 24 horas en hemodinámica supuxo o traslado de tres de cada catro pacientes con patoloxía cardíaca dende 2015. O HULA é tamén o centro no que a intervención de perfusión ten máis demora: 155 minutos, ben por enriba da recomendación da Organización Mundial da Saúde.

Así e todo, a ampliación do horario ata as dez da noite reduciu notablemente os traslados e o tempo de resposta. Segundo as cifras do Sergas, o 75 por cento das anxioplastias primarias foron atendidas en Lugo entre febreiro e decembro de 2018, e o tempo entre o diagnóstico e a apertura da arteria foi de 86 minutos nese período.

A Federación de Veciños vixiará os retrasos hospitalarios

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...