InicioPolíticaBesteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a "celeridade"...

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

A comunidade enerxética XERando, lista desde decembro de 2024, leva meses agardando pola autorización da Dirección Xeral de Minas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de non mostrar a mesma “celeridade” coas comunidades enerxéticas que “aforran á xente na factura da luz” que a que ten co proxecto de Altri.

Tras visitar co alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, a comunidade enerxética XERando, Besteiro denunciou que a súa instalación fotovoltaica, lista desde decembro de 2024, leva meses esperando pola autorización da Dirección Xeral de Minas da Xunta para poder producir electricidade e aforrar custos aos case 60 socios (particulares, pemes e administracións). Besteiro reclamou un apoio “decidido” e “maior axilidade e máis dilixencia” por parte do Goberno autonómico para proxectos que asenten poboación e desenvolvan o rural. O líder socialista resumiu a súa demanda en “máis atención ao rural, máis apoio aos proxectos que perseguen a transición enerxética e, en definitiva, facerlle a vida máis fácil á xente do rural”.

Ademais, Besteiro referiuse á situación límite do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nos pequenos municipios rurais. Denunciou que concellos como o de Xermade teñen que destinar o 25% do seu orzamento ao SAF, o que considerou unha proporción “escandalosa”. Censurou a “incoherencia máxima” do Goberno de Rueda, que “alega que o Estado lle debe 2.700 millóns para financiar a dependencia”, mentres el “nega servizos e financiamento” aos concellos, que teñen a obrigación legal de financialo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...