InicioSucesosMorre un condutor nunha colisión entre dous coches e un camión en...

Morre un condutor nunha colisión entre dous coches e un camión en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu na mañá deste venres en Lugo tras producirse unha colisión frontal entre dous coches e un camión na parroquia de Orbazai. Segundo informa o 112 Galicia, foi sobre as 08.10 horas cando un particular avisou dun accidente entre dous coches á altura do quilómetro 1 da N-540. Máis tarde, a Garda Civil confirmou que tamén había un camión implicado.

O primeiro alertante xa indicaba que o suceso parecía grave e que podería haber persoas atrapadas nos vehículos, polo que se informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos bombeiros e á Policía Local de Lugo. Con todo, os profesionais sanitarios só puideron confirmar a morte do condutor dun dos coches. Pola súa banda, outras dúas persoas foron evacuadas en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti.

ÚLTIMAS

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

A comunidade venezolana de Lugo convoca unha concentración pola “liberdade” do país

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Lugo despois de...

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...