InicioLugo e contornaLugoCondenado un home por abuso sexual a unha vaca preñada en Castro...

Condenado un home por abuso sexual a unha vaca preñada en Castro de Rei

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo impónlle 270 euros de multa e catro meses de inhabilitación para a tenencia de animais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo condenou a un home ao pagamento dunha multa de 270 euros por realizar un acto de natureza sexual cunha vaca preñada nunha explotación gandeira de Castro de Rei, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O xuíz considerou ao acusado autor dun delito leve de malos tratos animais e decretou, ademais, a súa inhabilitación durante catro meses para exercer profesións ou oficios relacionados con animais e para a súa tenencia. Na sentenza detállase que o home “atou de cabeza e cola” á vaca para impedir que reaccionase e, a continuación, realizoulle unha conduta sexual na zona baixo a súa cola, provocando “un menoscabo e unha humillación” que poden reputarse graves.

O fallo sinala que a conduta do denunciado foi sorprendido polos propietarios da explotación durante a madrugada do 29 de xuño de 2025, e que os indicios, entre eles o testemuño do propietario e da súa nai, corroboran os feitos. O xuíz subliña que o acusado non compareceu no xuízo para negar os feitos nin ofrecer unha versión alternativa verosímil, polo que o seu silencio serve tamén como elemento corroborador, superando a presunción de inocencia.

A resolución pretende servir como advertencia sobre a protección dos animais fronte a condutas abusivas e recalca a responsabilidade penal de calquera persoa que atente contra o seu benestar.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...