InicioSucesosFalece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a tarde deste domingo no municipio lucense de Cospeito tras ser picado por avespas velutinas mentres estaba de caza. Segundo informou a Europa Press o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, a vítima saíra a cazar perdices a un monte próximo á parroquia onde residía, Xustás, cando ao redor das 15.00 horas foi picado por avespas velutinas.

Dado que o irmán do falecido é alérxico ás picadas deste insecto, mesmo se deu a voz de alarma para que lle fose achegado ao lugar dos feitos o medicamento oportuno, pero non se puido facer nada pola súa vida.

Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias e barallouse a posibilidade de mobilizar tamén ao helicóptero de emerxencias, pero xa non se completou esta manobra porque o home faleceu. “Foi todo moi rápido”, lamentou o alcalde.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...