InicioPolíticaO BNG considera 'indecente' o pacto do PP con Martínez en Suplusa

O BNG considera ‘indecente’ o pacto do PP con Martínez en Suplusa

A formación nacionalista di que hai tempo que o ente provincial deixou de estar ao servizo da cidadanía para «servir aos intereses persoais e políticos» – Denuncian a compra de favores e o emprego «sectario» da institución contra a propia Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

«Tiñamos razón», din no Bloque Nacionalista Galego. Logo da aprobación dunha nova masa salarial en SUPLUSA, que inclúe 57.000 euros anuais para o presidente Manuel Martínez, os nacionalistas volveron pronunciarse sobre a situación do ente. Fixérono a través do voceiro na Deputación Provincial de Lugo, Xosé Ferreiro. «É unha decisión completamente inxusta coa cidadanía –denuncian–, que ve como unha vez máis ten que manter a uns políticos cando o único interese que os move é sacar rédito persoal».

Nesta liña, consideran «indecente» a actitude do Partido Popular, socio necesario de Martínez. «Non ten ningún escrúpulo en utilizar os seus votos para compra de vontades políticas, avalando deste xeito este tipo de comportamentos contra os que todos e todas deberíamos loitar».

Outra cuestión que cualifican de «bastante escandalosa» é a aprobación dun novo asesor –de nivel II porque a lei impide que sexa de nivel I, explican–, «coma se non foran suficientes o grupo de funcionarios de alto nivel que ten á súa disposición». Ferreiro lembrou que o xerente e secretario, ámbolos dous xa xubilados, tamén están á súa disposición.

«Todo este tipo de actuacións veñen a darlle a razón ao BNG cando se opuxo en solitario a que unha persoa distinta do presidente da Deputación presidira SUPLUSA», asegurou. «Xa daquela dicíamos que esta bicefalia ía provocar todos estes problemas e, por desgraza, así aconteceu». Acerca de como se acadou esta situación, Ferreiro precisou que «tanto PP como PSOE votaron naquel momento por esa opción que no BNG xa valorábamos como unha barbaridade».

Deste xeito, consideran acertada a decisión de abandonar o Consello de Administración de SUPLUSA, «pois valorábamos que neste momento esta entidade só servía para ser utilizada para beneficio de Martínez e do PP, tanto en termos políticos como agora persoais».

«Darío Campos e o PSOE tamén son responsables»

Para o Bloque, o Partido Socialista e o presidente da Deputación, Darío Campos, non poden ser alleos a esta reponsabilidade, xa que «non fixeron nada por introducir os cambios necesarios que propoñía o BNG cando puideron facelo e agora ‘fóiselles’ das mans e xa non poden levalos a cabo». «Mentres usaron SUPLUSA para o seu beneficio non quixeron cambiar nada e agora que se lles volveu en contra xa non teñen opción. Son tan culpábeis como Martínez ou o PP, so que cambiou quen saca o proveito», rematou o voceiro do BNG na Deputación.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...