InicioSucesosDenuncian catro condutores nas Gándaras en Lugo nunha concentración de vehículos

Denuncian catro condutores nas Gándaras en Lugo nunha concentración de vehículos

Desde o inicio do servizo e ata aproximadamente as 02.00 horas, engade, os axentes permaneceron na zona supervisando o desenvolvemento da mesma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou o pasado fin de semana a catro condutores na zona das Gándaras durante unha concentración de vehículos. As infraccións foron condución temeraria ou neglixente, modificación do sistema de escape e por pasar un obstáculo circulando en sentido contrario.

Segundo informa o corpo policial, despregouse un dispositivo específico de vixilancia e control nesta área por parte de diferentes indicativos do Grupo de Operacións Nocturnas en resposta a unha chamada recibida ás 23.30 horas que alertaba desta actividade.

Desde o inicio do servizo e ata aproximadamente as 02.00 horas, engade, os axentes permaneceron na zona supervisando o desenvolvemento da mesma. Sobre a participación, indica que foi “menor que en ocasións anteriores” pero que este feito non impediu que algúns condutores realizasen “comportamentos de risco”.

Por outra banda, a Policía Local denunciou en Lugo a un condutor que chocou co seu coche contra outro turismo estacionado, na rúa Xosé Novo Freire. O home deu positivo en cocaína, benzodiazepinas e anfetaminas, ademais de conducir sen o permiso en vigor ao serlle revogado por unha orde xudicial.

Ademais, no marco de controis preventivos, localizouse a outro condutor “con claros síntomas de estar baixo os efectos do alcol” e que foi denunciado ao non respectar un sinal de semáforo e deterse nunha zona peonil.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...