InicioSociedadeA Deputación de Lugo triplica o orzamento das axudas do programa 'O...

A Deputación de Lugo triplica o orzamento das axudas do programa ‘O que non arde’

Buscan conservar o medio ambiente a través do apoio á gandaría extensiva e actuar como barreira contra os incendios forestais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo acaba de abrir un novo prazo para solicitar as axudas á gandaría extensiva ‘O que non arde’, unha convocatoria que se publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia e que estará aberta entre o 2 e o 29 de setembro.

O programa, pioneiro en Galicia e recoñecido por entidades como WWF ou Territorios Pastoreados, dispón este ano dun orzamento de 385.000 euros, o triplo que na súa última edición. O deputado de Rural, Daniel García, destacou que con este reforzo “consolidamos un programa que arrincou en 2020 e que demostrou ser unha ferramenta útil para apoiar á gandaría extensiva, un modelo que fixa poboación, conserva o medio e actúa como barreira eficaz fronte aos incendios forestais”, unha das medidas que cobra máis valor tras a vaga de lumes que arrasou Galicia este verán.

García engadiu que a ampliación orzamentaria permite estender a convocatoria ao gando cabalar, “moi eficaz na redución de biomasa”, e financiar equipamentos de alto custo como os colares intelixentes. As subvencións, dirixidas a explotacións de cabalar, ovino, caprino e porcino, permitirán financiar investimentos e gastos vinculados ao manexo e alimentación do gando en extensivo.

Entre os conceptos subvencionables inclúense a compra de pastores eléctricos, paneis solares, valados fixos e móbiles, colares intelixentes, refuxios, pasos canadenses ou elementos para silvopastoreo como cepos, curros, mangas, comederos e bebedoiros. Tamén se contemplan actuacións complementarias como rozas puntuais ou a subscrición a aplicacións de monitorización.

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, cun máximo de 6.000 euros por explotación, que poderá elevarse a 12.000 euros no caso de proxectos que incorporen pasos canadenses ou colares intelixentes. As bases priorizan o silvopastoreo con razas autóctonas, as explotacións prioritarias rexistradas no REGA, as situadas en zonas de montaña, as pertencentes a asociacións gandeiras e as de titularidade feminina.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...