InicioEconomíaO ERE de Caixabank implica o despedimento de sete empregados en Lugo

O ERE de Caixabank implica o despedimento de sete empregados en Lugo

O expediente de regulación de emprego trasladado por Caixabank significará o peche dunha oficina e o cese de sete traballadores en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Caixabank trasladou aos sindicatos un expediente de regulación de emprego (ERE) para 2.157 empregados, 65 deles en Galicia, onde a provincia de Lugo é a menos afectada. O plan da dirección significará o despedimento de sete empregados e a clausura dunha oficina.

Segundo informa GaliciaConfidencial, o ERE de Caixabank tradúcese no peche do 18 por cento das oficinas galegas, algo que os sindicatos consideran “pouco entendible”. O secretario xeral de Comisións Obreiras en Caixabank Galicia, Xoán Carlos Viveiro, salienta que existen “moitas contradicións” porque “aínda hai xente en período de probas, e estas saídas non se xustifican”.

Os sindicatos recibiron a primeira comunicación da dirección de Caixabank o 10 de xaneiro, producíndose a primeira reunión dentro das conversacións este mesmo xoves. Os representantes sindicais e da entidade reuniranse o 24 e o 31 de xaneiro no marco das negociacións previas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...