InicioLugo e contornaLugoUn home acumula denuncias por ameazas a hostaleiros e facturas sen pagar...

Un home acumula denuncias por ameazas a hostaleiros e facturas sen pagar en Lugo

Os feitos producíronse pouco antes das doce da noite do venres tras recibir o requirimento por unha persoa que ameazaba aos traballadores, comprobando que este mesmo home levaba causando varias molestias desde había varios días e que xa presentaran denuncias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo tiveron que intervir en senllos locais de hostalaría da cidade en relación a un home que ameazou ao persoal no primeiro loca e no segundo se negou a pagar a conta.

Os feitos producíronse pouco antes das doce da noite do venres tras recibir o requirimento por unha persoa que ameazaba aos traballadores, comprobando que este mesmo home levaba causando varias molestias desde había varios días e que xa presentaran denuncias.

Unha hora despois tiveron que intervir co mesmo individuo ao negarse a abonar unha conta de 116 euros polo que foi requirida a persoa que deu o aviso dos pasos a seguir para formalizar denuncia.

Noutra orde de cousas, xa o sábado, axentes desprazáronse a un establecemento da rúa Tui comprobando que, ás 08.40 horas, superaba o aforamento permitido, con case 40 persoas interior cando a capacidade máxima era de 25.

Ademais de proceder á correspondente denuncia, identificouse a unha persoa que, ante o dispositivo policial, introduciuse na boca unha sustancia, presuntamente un estupaficente. Tamén foi denunciado outro cliente do local por increpar aos policías.

Tamén se realizou inspección en locais da rúa Luís Seoane e Vilalba por non evitar que os clientes tomen as consumicións fose do local. Outro requirimento produciuse nun da rúa Mar Cantábrico por volume de música superior ao permitido.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...