InicioSucesosPechada a piscina pública de Monterroso pola aparición de feces

Pechada a piscina pública de Monterroso pola aparición de feces

A piscina pública de Monterroso (Lugo) foi cerrrada este luns sobre as 18.00 horas da tarde pola aparición de feces no seu vaso principal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A piscina pública de Monterroso foi cerrrada este luns sobre as 18.00 horas da tarde pola aparición de feces no seu vaso principal. O alcalde da localidade, Eloy Pérez, consultado por Europa Press, confirmou a aparición dos excrementos, que foron localizados polo persoal de mantemento da piscina, que se atopaba abarrotada de xente.

Tras evacuar a todos os asistentes procederon a pechala, en vistas a realizar os protocolos de desinfección sanitarios. Pérez asegurou que descoñecen se se debe ao reto viral que se popularizou por toda España e afectou a máis de 300 piscinas públicas e privadas, ou a un problema de incontinencia.

En calquera caso, explicou que pedirá colaboración aos bañistas para pescudar información e trasladarsela ás autoridades. Así mesmo, lamentou este suceso, que se produciu no medio dunha onda de “calor sufocante” Este caso únese ao de Xinzo de Limia (Ourense) –piscinas que reabriron esta mesma tarde– e ao dos municipios coruñeses de Ordes e Moeche.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...