InicioSucesosTres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos de venda de droga nos barrios lucenses de Fontiñas e A Milagrosa. Nun comunicado, este corpo de seguridade asegura que as investigacións permitiron comprobar que nestas dúas zonas de Lugo estaban a realizarse vendas polo miúdo de estupefacientes.

Trataríase de dous puntos de venda de droga independentes, sen ter conexión entre eles, procedendo á detención de dúas persoas en Fontiñas e dunha na Milagrosa. Ademais, interviñéronse preto de 80 dose de cocaína, varias balanzas de precisión, teléfonos móbiles, 400 euros e demais material para a manipulación da sustancia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...