Home Lugo e contorna Lugo Denunciado un condutor que se fixo pasar polo seu xemelgo tras ser sorprendido circulando sen carné en Lugo

Denunciado un condutor que se fixo pasar polo seu xemelgo tras ser sorprendido circulando sen carné en Lugo

0
Denunciado un condutor que se fixo pasar polo seu xemelgo tras ser sorprendido circulando sen carné en Lugo
Policía Local de Lugo. POLICÍA LOCAL - Arquivo

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que circulaba sen carné e que, ao ser identificado, achegou os datos do seu irmán xemelgo. Os feitos ocorreron a pasada semana cando unha patrulla detectou un turismo que tentou fuxir ao decatarse da presenza policial na rúa Nicomedes Pastor Díaz.

O vehículo foi finalmente interceptado na Ronda das Fontiñas e o condutor identificouse os datos do seu irmán xemelgo. Ao facer as comprobacións, os axentes constataron que o coche carecía do seguro obrigatorio, polo que foi trasladado ao depósito municipal.

O condutor foi identificado de forma correcta posteriormente e así se puido comprobar que carecía de permiso de conducir, por non obtelo nunca. Por todo iso, foi denunciado por un suposto delito contra a seguridade viaria. Por outra banda, a Policía Local informou tamén dunha intervención na rúa San Roque, onde foi detectado un vehículo con placas estranxeiras mal estacionado. Os funcionarios comprobaron que o coche, aínda que levaba matrícula de Romanía, seguía dado de alta con placas nacionais e carecía tanto de seguro como da obrigatoria ITV. Así, tramitáronse dilixencias por un posible delito de falsidade documental.

+ posts