InicioLugo e contornaLugoO PP sinala a Arroxo por aproveitar a ausencia do alcalde para...

O PP sinala a Arroxo por aproveitar a ausencia do alcalde para pagar sancións por verteduras

Segundo explicou a portavoz do PPdeG, Elena Candia, tres deses expedientes sancionadores eran por verteduras e incumprimentos ambientais labores entre os anos 2021 e 2023, "coincidindo coa etapa na que Miguel Fernández tiña a responsabilidade directa da área de Medio Ambiente"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo acusou ao tenente de alcalde nacionalista, Rubén Arroxo, de aproveitar a ausencia do rexedor da cidade para asinar, “sacándoos dun caixón”, cinco decretos nos que se autorizaba o pago de máis de 60.000 euros en sancións por verteduras contaminantes en distintos puntos do municipio.

Segundo explicou a portavoz do PPdeG, Elena Candia, tres deses expedientes sancionadores eran por verteduras e incumprimentos ambientais labores entre os anos 2021 e 2023, “coincidindo coa etapa na que Miguel Fernández tiña a responsabilidade directa da área de Medio Ambiente”.

Ademais, engadiu que os outros dous eran reclamacións do canon de control de verteduras. “En todos os casos, a falta de actuación e resposta ante estes expedientes provocou que se tramitasen por vía executiva, o que supón maiores custos para o Concello, incluíndo intereses de demora”, indicou.

O PP pediu ao goberno local aclaracións sobre os motivos polos que estes expedientes “acaban en vía executiva e as razóns polas que se esperou a que o alcalde estivese de viaxe para que Arroxo sacase estes decretos dun caixón e decidise o seu abono”. Así, afirmou que no Concello hai dous gobernos, “e este tipo de comportamentos non é a primeira vez que pasan”.

Para os populares, o sucedido “é outro exemplo máis do incumprimento do alcalde Miguel Fernández, que non tomou medidas para evitar os danos ambientais cando tiña a responsabilidade”. Candia sostivo que dous expedientes sancionadores son derivados de verteduras ilegais procedentes de lixiviados dun antigo vertedoiro clausurado e que afectaron a canle do río Penalba (Teixeiro); e outro unha vertedura directa de augas residuais procedentes dun aliviadoiro dunha estación de bombeo municipal a un regato en Meilán.

A estas súmanse dúas reclamacións do canon de control de verteduras pola urbanización Bellavista en Esperante, correspondentes aos anos 2021 e 2022.

Candia completou a súa queixa sobre “incumprimentos” do alcalde falando da peonalización do centro. “Miguel Fernández dixo que as obras estarían acabadas o 15 de maio na rúa Montevideo e seguen sen estar completas, polo que a súa palabra vale pouco ou nada”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...