InicioLugo e contornaO goberno de Lugo reclama ao presidente da Xunta máis investimentos que...

O goberno de Lugo reclama ao presidente da Xunta máis investimentos que os anunciadas o luns tras o Consello

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do PSOE no goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, volveu a referirse este mércores á celebración do Consello da Xunta na cidade o pasado luns, para reiterar a “decepción” do Concello polos anuncios do presidente Rueda. “Se noutras cidades estes Consellos veñen coa carteira chea, nesta ocasión para Lugo foi un trato decepcionante porque non anunciaron nada novo”, dixo.

González Abelleira referiuse a a anterior reunión celebrada en Lugo en 2022, “cando se comprometeron ata 4,5 millóns de euros e, de todo aquilo, só viu a luz o aparcadoiro, que aínda non está operativo, de Avenida de Breogán”. Neste contexto, reclamou investimentos en actuacións “ás que non se está dando resposta”, pondo como exemplo o centro de saúde do Sacro Corazón, do que asegurou que “non responderon o proxecto presentado” polo Concello.

Tamén acusou “ausencias clamorosas” nas previsións, como o Museo da Romanización, a recuperación do barrio da Tinería, a conexión das Gándaras coa A-6 ou o remate do corredor Nadela-Sarria. Lembrou a portavoz que o alcalde, Miguel Fernández, solicitou unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para tratar dos proxectos pendentes, “debido á falta deles nos seus plans”.

CRÍTICAS DE RUBÉN ARROXO

Sobre o barrio da Tinería, o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, do BNG, sumouse ás críticas: 
“Nin sequera anunciaron que van acabar de arranxar as casas que son propiedade da Xunta e que xa teñen as lonas desteñidas e cáense a cachos”.

Tamén se referiron ambos os portavoces do bipartido ao aparcadoiro de Fontiñas. A socialista asegurou que non atenderon ás propostas que presentou o Concello, que ofreceu outras dúas parcelas, así como a ampliación da avenida Vilaverde. Arroxo, pola súa banda, criticou a decisión de facer un aparcadoiro na Avenida Breogán, “onde hai sitios para aparcar sen problema” cando en zonas como Fontiñas hai “moitos problemas, do mesmo xeito que noutras zonas”.

González Abelleira tamén tachou de “insuficiente” o anuncio de construír vivenda pública en forma de aloxamentos compartidos, asegurando que “os problemas en Lugo son estruturais e levamos 15 anos sen ter vivenda pública construída por quen lle compete, que é a Xunta de Galicia”.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...