InicioSociedadePolicías e gardas civís de Galicia concéntranse en Lugo contra o "abandono"...

Policías e gardas civís de Galicia concéntranse en Lugo contra o “abandono” do Ministerio do Interior

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un grupo de policías e gardas civís de Galicia manifestáronse este martes diante da Comisaría Provincial para reclamar “dignidade policial” para os axentes “ante o abandono” que, denuncian, padecen tanto en medios humanos como materiais por parte do Ministerio do Interior, á vez que reclamaron a dimisión do ministro Fernando Grande-Marlaska.

A concentración foi convocada pola Confederación Española de Policía (CEP) e apoiada pola Asociación Española de Gardas Civís (AEGC), cuxos representantes recriminaron ao Goberno central “que regue cunha choiva de millóns e efectivos policiais a uns” (en referencia ás Policías Autonómicas de Cataluña, País Vasco e Navarra), mentres “outros recibimos unha choiva de agravios, desprezos e promesas incumpridas”.

Os axentes manifestáronse baixo a choiva cun esqueleto vestido co uniforme policial como unha metáfora sobre a situación dos policías en Galicia, onde acusan falta de investimentos en equipamento, medios, persoal e infraestruturas. Entre as demandas propostas polos axentes están “ter a consideración de profesión de risco que permita unha xubilación anticipada sen perder diñeiro, e unha xubilación digna“.

Tal e como explicou o secretario rexional da CEP en Galicia, Agustín Vigo, o Executivo central “vén facéndose cargo do custo das cotizacións recargadas pola xubilación anticipada no tres corpos autonómicos, que contrasta coa intención do Ministerio do Interior de elevar a idade de xubilación dos policías nacionais aos 67 anos cunha pensión bastante inferior á dos outros corpos policiais, que se poden xubilar aos 59”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...