InicioSociedadeVolve a auga a Lugo logo da avaría da zona das Gándaras

Volve a auga a Lugo logo da avaría da zona das Gándaras

Debido á súa complexidade, a brigada de augas non sabe cando poderá volver dar o servizo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo comunicou a recuperación do servizo de abastecemento de auga que foi suspendido esta mañá nunha ampla zona da cidade debido á rotura dunha tubaxe durante a execución das obras que está a levar a cabo Xestur no polígono industrial das Gándaras.

Esta avaría provocou un corte na subministración de auga da Rede Municipal. Debido a isto, o Concello informou de que cortou o servizo desde esta mañá ás zonas afectadas, que son a parte superior do barrio das Gándaras, Cima de Vila, A Campiña, A Fervedoira e Muxa, con repercusión tamén no HULA e a residencia de maiores das Gándaras.

Debido á “complexidade” da avaría, a Brigada de Augas anunciou que non se pode determinar aínda cando quedará restablecido o servizo, aínda que afirmaron que “se están pondo todos os medios para que sexa canto antes”.

O Concello pediu desculpas á cidadanía afectada “polas molestias que lles ocasione este corte de auga, que, remarca, non se produciu pola actividade de ningún servizo municipal, e que se está tentando resolver canto antes”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...