InicioSucesosDetectan legionela no Parque de Bombeiros de Lugo

Detectan legionela no Parque de Bombeiros de Lugo

O Concello procedeu á descontaminación dos vestiarios, pero o PP esixe explicacións sobre esta "nova alerta sanitaria"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo detectou en días pasados a presenza da bacteria legionela nas duchas do parque de Bombeiros, situado en Garabolos, polo que procedeu ao seu descontaminación e posterior illamento da zona.

Esta aclaración foi ofrecida por mor dunha denuncia efectuada polo grupo municipal popular, que pide “explicacións claras e inmediatas” sobre a presenza desta bacteria que, como aclararon a Europa Press fontes municipais, “foi detectada nunha inspección rutineira”.

Explican por parte do Concello que mentres se procedía á descontaminación habilitáronse unhas novas duchas no CEI e actualmente están á espera de que pase o tempo regulamentario para “facer unha nova analítica e poder abrir as duchas, xa que en principio, tras a descontaminación espérase un resultado negativo”. Pola súa banda, os populares afirman que a día de hoxe “só dispoñen de auga fría nas instalacións”.

Inciden os populares en que este non é un caso illado, “senón que se suma a unha preocupante cadea de incidencias relacionadas coa xestión da auga en instalacións municipais”. Puxeron como exemplo o peche das Caldas do Miño en setembro de 2024, “por segunda vez en menos de dous anos”, xa que en maio de 2023, localizouse outra bacteria “potencialmente infecciosa”  nos vasos das mesmas instalacións.

Lembran os populares tamén a recente sanción imposta ao Concello “pola deficiente cloración da auga da traída, un episodio igualmente grave e que o executivo local tratou de esconder sen ofrecer ningunha explicación pública”.

Piden, por tanto, que se aprobe a comparecencia no Pleno para aclarar “esta nova alerta sanitaria”. Engaden que “os lucenses teñen dereito a coñecer o que está a ocorrer coa calidade da auga que utilizan e os riscos derivados dunha mala xestión”.

“Pagamos máis por un servizo que non mellora e que, ademais, leva con opacidade. Lugo merece un goberno serio, transparente e capaz. Lugo merece un cambio”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...