InicioEconomíaA Deputación de Lugo lanza unha aplicación gratis de emprego para conectar...

A Deputación de Lugo lanza unha aplicación gratis de emprego para conectar oferta e demanda na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo lanzou unha aplicación de móbil gratuíta co obxectivo de facilitar o contacto entre as persoas que buscan traballo e empresas. A ferramenta está xa dispoñible e, segundo explicou a institución provincial, supón “un avance na modernización” dos servizos públicos de intermediación laboral que a Deputación ofrece mediante a súa Axencia de Colocación.

A aplicación ‘Deputación Lugo Emprego‘ permite aos demandantes de emprego xestionar os seus perfís profesionais de forma áxil e acceder de maneira inmediata ás ofertas de traballo publicadas pola Axencia de Colocación. Ao mesmo tempo, esta ferramenta axuda ás empresas a axilizar a publicación das súas ofertas e mellorar os procesos de selección, adaptándoos mellor ás súas necesidades para atopar o persoal máis adecuado.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...