InicioEconomíaA Deputación de Lugo lanza unha aplicación gratis de emprego para conectar...

A Deputación de Lugo lanza unha aplicación gratis de emprego para conectar oferta e demanda na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo lanzou unha aplicación de móbil gratuíta co obxectivo de facilitar o contacto entre as persoas que buscan traballo e empresas. A ferramenta está xa dispoñible e, segundo explicou a institución provincial, supón “un avance na modernización” dos servizos públicos de intermediación laboral que a Deputación ofrece mediante a súa Axencia de Colocación.

A aplicación ‘Deputación Lugo Emprego‘ permite aos demandantes de emprego xestionar os seus perfís profesionais de forma áxil e acceder de maneira inmediata ás ofertas de traballo publicadas pola Axencia de Colocación. Ao mesmo tempo, esta ferramenta axuda ás empresas a axilizar a publicación das súas ofertas e mellorar os procesos de selección, adaptándoos mellor ás súas necesidades para atopar o persoal máis adecuado.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...