InicioLugo e contornaLugoUn detido en Lugo por estafa na contratación do seguro obrigatorio de...

Un detido en Lugo por estafa na contratación do seguro obrigatorio de vehículos

Varios prexudicados déronse conta de que circulaban sen seguro ao ser identificados en controis de tráfico e ser propostos para sanción por carecer de seguro obrigatorio no seu vehículo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Lugo, de 49 anos, que actuaba como axente mediador para a contratación do seguro obrigatorio de vehículos, sen proceder ao alta dos mesmos ou activándoos por un período de tempo inferior ao requirido polos titulares do contrato.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, tras ter coñecemento destes feitos delituosos, por mor dunha denuncia presentada o pasado mes, na que a persoa prexudicada detallou que, tras abonar o importe para contratar o seguro obrigatorio do seu vehículo, nunca fose dado de alta.

As primeiras investigacións apuntaron a que non se trataba dun caso illado ou que puidese tratarse dun erro na contratación da póliza e, en realidade, era unha práctica habitual.

Varios prexudicados déronse conta de que circulaban sen seguro ao ser identificados en controis de tráfico e ser propostos para sanción por carecer de seguro obrigatorio no seu vehículo.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...