InicioAncaresBarallaFerido un neno despois de ser atropelado en Baralla ao baixar do...

Ferido un neno despois de ser atropelado en Baralla ao baixar do autobús escolar

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un neno resultou ferido este xoves ao sufrir un atropelo en Baralla. Segundo informou o 112 Galicia, foi evacuado en ambulancia ao hospital con lesións nunha perna.

O servizo de emerxencias trasladou que foi sobre as 17,30 horas cando o 112 Galicia tivo constancia do accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Foi o persoal sanitario o que explicou que o menor ferido sufrira un atropelo ao baixar do autobús escolar na Estrada de Aranza.

Ademais dos servizos sanitarios, ata o punto desprazouse a Garda Civil de Tráfico.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...